Órganos de goberno

Cal son os órganos de goberno de Agader?

Os órganos de goberno de Agader son o Consello de Dirección, a Presidencia, a Vicepresidencia e a Dirección Xeral. Ademais destes órganos de goberno, Agader conta cun órgano de asesoramento, consulta e participación que é o Consello Asesor. A normativa que establece e regula estes órganos de goberno e asesoramento son a Lei 5/2000, de 28 de decembro (DOG núm. 251, do 29 de decembro) e o Decreto 79/2001, de 6 de abril (DOG núm. 77, de 20 de abril).

 

O Consello de Dirección

É un órgano colexiado de goberno do cal forman parte representantes de diversas áreas da Administración Autonómica. O Consello de Dirección orienta as actuacións de Agader e realiza tarefas de supervisión e control como a aprobación de plans e estratexias de desenvolvemento rural ou a aprobación das prioridades na distribución dos recursos. Ademais, decide sobre todas as cuestións relacionadas coa organización, funcionamento e actividades propias da Axencia, sen prexuízo das facultades atribuídas aos outros órganos de goberno e xestión.

Regúlase na disposición adicional sexta, apartado catro, da Lei 2/2000, pola que se creou Agader, e nos artigos 4 e 7 do regulamento de Agader.

Composición

· Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira do Medio Rural
· Tomás Fernández-Couto Juanas, director xeral de Ordenación e Produción Forestal
· Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural
· Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
· Asunción Martín Azpiazu, subdirectora xeral de Réxime Xurídico-Administrativo
· María Cruz Enjo Mallou, subdirectora xeral de Xestión do FEDER e FCI
· María Encarnación Rivas Díaz, secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
· Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de Emprego
· Ana María Díaz López, directora xeral de Conservación da Natureza
· Sol María Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio
· María Nava Castro Domínguez, directora da Axencia Turismo de Galicia
· Severino Álvarez Monteserín, secretario xeral da Agader

 

A Presidencia

É un órgano unipersoal de goberno que corresponde, por razón do seu cargo, ao/á titular da Consellería do Medio Rural. A función da Presidencia fronte a terceiros é representar Agader en toda clase de actos ou negocios xurídicos e nas accións e recursos que procedan. Na perspectiva do funcionamento interno da Axencia, a presidencia debe velar polo cumprimento das directrices de actuación marcadas pola Xunta de Galicia, propor a adopción das disposicións regulamentarias necesarias para a organización e funcionamento da Axencia, así como ordenar a convocatoria do Consello de Dirección, fixar a orde do día e presidir as sesións.

 

A Vicepresidencia

É un órgano unipersoal de goberno que corresponde a un membro do Consello de Dirección nomeado polo propio Consello de Dirección por proposta da Presidencia. A Vicepresidencia exerce as funcións que lle sexan delegadas pola Presidencia e debe substituíla en caso de ausencia ou enfermidade.

 

A Dirección Xeral

É un órgano unipersoal de goberno que corresponde a unha persoa nomeada polo Consello de Dirección por proposta da Presidencia. A Dirección Xeral ten diversas funcións entre as cales están a execución dos acordos do Consello de Dirección, a elaboración e avaliación dos plans, estratexias e accións de desenvolvemento rural de Agader; a proposición das prioridades para a distribución dos recursos e a xestión da Axencia.

 

O Consello Asesor

É o órgano colexiado de consulta e asesoramento de Agader e de participación das administracións autonómica e local así como dos axentes socioeconómicos relacionados co desenvolvemento rural de Galicia. Este órgano asesora o Consello de Dirección na elaboración de plans e estratexias de desenvolvemento rural, aconsella sobre as prioridades para a distribución dos recursos, ademais de promover e divulgar os cometidos e actividades de Agader entre os axentes económicos e sociais e entre as administracións locais.

Regúlase na disposición adicional sexta, apartado catro, da Lei 2/2000, pola que se creou Agader, e nos artigos 4 e 11 do regulamento de Agader.

Composición

· Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira do Medio Rural
· Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Agader
· José Orlando Díaz Martínez, subdirector xeral de Infraestruturas Agrarias
· Alfonso Villares Bermúdez, representante da Fegamp (suplente, Julio Álvarez Núñez)
· Xosé L. Raposo Magdalena, representante da Fegamp (suplente, Óscar Fontevedra Chao)
· Sandra González Álvarez, representante da Fegamp (suplente, Leticia Santos Paz)
· Mariano Pazos Currais, representante do Sindicato Labrego Galego (suplente, Xosé Ramón Cendán Regueiro)
· Jacobo Feijoo Lamas, representante de Unións Agrarias (suplente, Óscar Pose Andrade)
· Francisco Bello Bello, representante de Asaja (suplente, Juan Pérez Sánchez-Orozco)
· Manuel D. Formoso Moledo, representante da Federación de Confrarías de Pescadores da Coruña (suplente, Jesús R. Longueira Súarez)
· J. Basilio Otero Rodríguez, representante da Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo (suplente, J. Ángel Redondo Alba)
· José A. Gómez Castro, representante da Federación de Confrarías de Pescadores de Pontevedra (suplente, Francisco J. Martínez Durán)
· Rosa Celia Otero Raña, representante do Consello Galego de Consumidores e Usuarios (suplente, Mª Josefa García Hermida)
· Severino Álvarez Monteserín, secretario xeral de Agader