Transparencia e goberno aberto

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, regula a transparencia e o bo goberno na Administración pública galega. Esta lei favorece o dereito dos cidadáns a coñecer a actividade da Administración e a controlar as decisións administrativas. Enténdese que unha opinión pública informada contribúe a definir e realizar accións públicas respectuosas co interese xeral e, por este motivo, incentívase e facilítase o acceso á información administrativa aproveitando o desenvolvemento das novas tecnoloxías como canles de transmisión e de difusión.

En cumprimento da citada Lei, desde esta sección pode acceder á contratación, convenios, axudas e programas de actuación que desenvolve Agader.