Vostede está aquí

Outras experiencias de Desenvolvemento Rural

13.07.2018
redr.es
A Rede Rural Nacional está integrada por unhas 133 organizacións que representan tanto ás administracións como a todo tipo de organizacións profesionais, patronais, sindicais e ambientais
09.05.2018
Rede Europea de Desenvolvemento Rural
En abril de 2017, o Parlamento Europeo e tres comisarios da Unión Europea lanzaron a Acción da Unión Europea para Aldeas Intelixentes ( Smart villages). Desde entón, o impulso detrás de Smart Villages creceu rapidamente, tanto no territorio como a nivel político. O Grupo Temático da REDR sobre Aldeas Intelixentes identificou como as comunidades rurais en toda Europa están a desenvolver solucións locais innovadoras e enfoques imaxinativos para revitalizar servizos rurais en campos como enerxía, transporte, asistencia social e moitos outros. Algunhas destas iniciativas foron desencadeadas polas ameazas de despoboamento, a baixa densidade ou cortes en servizos. Outros aproveitan as oportunidades que ofrecen a dixitalización, as enerxías renovables e as mellóras que ofrecen os vínculos rurais-urbanos. Os responsables da formulación de políticas en todos os niveis están a explorar formas de fomentar estes enfoques. Estes son os principais aspectos que se abordarán no Seminario " Smart Villages: Revitalización de servizos rurais a través da innovación social e dixital", que terá lugar en Bruxelas o 22 de maio de 2018.
03.05.2018
redr.es
Dende a "Red Española de Desarrollo Rural (REDR)" iniciamos unha consulta pública para coñecer de primeira man a opinión dos mozos do medio rural, como parte do proxecto de investigación REDpoblaR, financiado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, para identificar as necesidades da poboación rural e facer propostas realistas e adaptadas e tratar de frear o despoboamento das zonas rurais. Podes acceder á enquisa no seguinte enderezo: https://es.surveymonkey.com/r/jovenesrurales Tes ata o 10 de maio para enviar a enquisa cos teus comentarios!
18.01.2018
redr.es
Presencia de diferentes Grupos de Desenvolvemento Rural de toda España en FITUR 2018.
09.01.2017
Red Europea de Desarrollo Rural (REDR)
Este taller, que se celebrará en Bruxelas o 25 de xaneiro de 2017, está organizado conxuntamente polo punto de contacto da REDR e o Consello Europeo de Novos Agricultores (CEJA), e nel verase como identificar diversas medidas de programas de desenvolvemento rural que poderían fomentar a renovación xeracional.

Páxinas