Cantata 2

O proxecto Cantata 2, cofinanciado polo FEDER a través do Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo- Atlántico, pretende o desenvolvemento integral do medio rural galego mediante un maior aproveitamento do seu potencial local agroalimentario e turístico e a mellora da competitividade das súas pemes, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e á diversificación económica. O proxecto remata o 31 de marzo de 2012 e conta cun orzamento total de 2.279.984 €.

No marco deste proxecto en Galicia estase a desenvolver un produto turístico innovador, “Rutas Agroalimentarias de Galicia”. Enténdese por ruta agroalimentaria un itinerario que permite coñecer e gozar, de forma organizada, do proceso produtivo agropecuario e industrial e da degustación da cociña local.

A abundancia de produtos agroalimentarios galegos con características singulares, moitos deles amparados baixo unha Denominación de Orixe ou outras figuras de protección da calidade, fai que as posibilidades de desenvolvemento de novos produtos sexa moi ampla. Para a posta en marcha de rutas agroalimentarias seleccionáronse os seguintes produtos: queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (San Simón, Tetilla, Arzúa- Ulloa, Cebreiro), I.X.P. mel de Galicia, I.X.P. castaña de Galicia e aves de curral criadas tradicionalmente (capón de Vilalba, galo de Vila de Cruces e galiña de Mos).

Segundo a interacción das actividades agroalimentarias e turísticas relacionadas cos produtos seleccionados como eixo vertebrador delimitáronse catro áreas piloto de intervención ou nodos.
Máis información >>

Como obxectivos motores de rutas agroalimentarias están a configuración dun produto turístico innovador que achegue ó visitante aos procesos produtivos, a cultura, a gastronomía e a paisaxe do medio rural galego e a creación dun espazo de cooperación entre produtores e empresas que garanta a sostenibilidade das actividades agroalimentarias e turísticas.

As actuacións estarán estruturadas en torno as seguintes actividades:

· Diagnóstico e deseño do produto e da marca “Rutas Agroalimentarias de Galicia”, que comprende a realización dun estudo de mercado sobre as rutas agroalimentarias, proposta de actuación para o desenvolvemento do produto e a elaboración dun decálogo de produto de rutas agroalimentarias.
· Capacitación e desenvolvemento de produto, para o que se organizan cursos de sensibilización e formación para o persoal das empresas con interese en participar e obradoiros de traballo.
· Equipamento, promoción e internalización: promoción de marca, páxina web, actividades de marketing e promoción on line (pod casts, realidade virtual, e-books, así como a tecnoloxía bluetooth para prover de información, a interpretación de lugares e rutas), asistencia conxunta a feiras nacionais e internacionais.

Como parte da actividade transnacional de Cantata 2, realízanse actuacións de promoción internacional das rexións socias en eventos clave; visitas de familiarización para prensa e empresarios nas rexións socias; marketing conxunto innovador e uso de ferramentas promocionais dixitais; seminarios de difusión en tódalas rexións; e seminario final de Cantata 2 que se celebrará en Galicia no ano 2011.

 

Partenariado transnacional

· Xefe de Fila: Denbighshire County Council (Gales, UK)
· Socio: Shannon Development (Shannon, Irlanda)
· Socio: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Galicia, España)
· Socio: Communauté de Communes du Poher (Bretaña, Francia)
· Socio: Câmara Municipal de Montemor-o-Velho (Portugal)

 

Actividades do proxecto

Presentación de “Camiños dos sabores de Galicia” ás axencias de viaxe para a creación de paquetes turísticos
No marco do proxecto Cantata 2, cofinanciado con fondos FEDER mediante o Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico (2007-2013), Agader tivo o día 29 de xuño de 2011 unha reunión con representantes de diferentes axencias de viaxe e asociacións de axencias receptivas.
Máis información >>

"Camiños dos sabores de Galicia" ensina técnicas de relacións públicas ás máis de 70 entidades adheridas en diversos obradoiros
Durante as dúas últimas semanas de xullo de 2011 celebráronse estes obradoiros en cada unha das zona piloto: Sabores do noroeste, sabores nos camiños, sabores do Courel e Sabores nas portas de Galicia.
Máis información >>

Obradoiros de Sabores de Galicia
Durante os días 4, 5, 6 e 7 de abril de 2011 celebráronse os obradoiros “Sabores de Galicia” en cada unha das zona piloto: Sabores do noroeste, sabores nos camiños, sabores do Courel e Sabores nas portas de Galicia.
Máis información >>

Obradoiros de creación de produto: Camiños dos sabores de Galicia, 3, 9, 13 y 14 de decembro de 2010
Os participantes de Cantata 2 crearon paquetes turísticos e produto combinado nos obradoiros que tiveron lugar en Vilalba, Palas de Rei, Folgoso do Courel e Riós.
Máis información >>

Constitución do Grupo de Dirección Local
No marco do proxecto Cantata 2 constituíuse un Grupo de Dirección Local (GDL) no que participan Turgalicia, Agader, Secretaría Xeral para o Turismo e a Dirección Xeral de Innovación e Industrias agrarias.
Máis información >>

Seminario de creación e mellora de proxectos para o desenvolvemento de servizos turísticos de calidade
A Secretaria Xeral para o Turismo, o Igape e Agader celebraron un seminario en conxunto para explicar as posibilidades de financiamento que están dispoñibles para as empresas.
Máis información >>

Procedemento de Adhesión a Rutas Agroalimentarias de Galicia
Para participar en Rutas Agroalimentarias de Galicia, como entidade adherida,  deberá descargar a ficha correspondente de solicitude de información, cumprimentala e enviala ao enderezo electrónico "cantata2@xunta.es" ou ben a través do número de fax 981 54 73 81.
O proceso de adhesión rematará coa sinatura do documento de compromiso de adhesión de Rutas Agroalimentarias de Galicia.

Esquema de adhesión

Descarga as solicitudes:

· Tenda especializada
· Aloxamento
· Restauración
· Axencia de Viaxe Receptiva
· Patrimonio
· Museos e Centros de Interpretación de Temática Agroalimentaria
· Recurso Agroalimentario
· Empresa de Servizos Complementarios
· Empresa Agroalimentaria

Descarga os requisitos mínimos establecidos.
Máis información >>

Descarga o documento de compromiso de adhesión.
Máis información >>

Obradoiros de creación de produto turístico agroalimentario. 12, 13, 14 e 20 de xullo de 2010
Os participantes no proxecto Rutas agroalimentarias de Galicia, tiveron ocasión de participar nos obradoiros de creación de produto que se celebraron en Vilalba, Palas de Rei, Folgoso do Courel e Riós.
Máis información >>

Seminarios de presentación e sensibilización de rutas agroalimentarias aos diversos sectores interesados. 1, 5, 6, 7 de xullo de 2010
Durante o mes de xullo celebráronse en cada nodo reunións de presentación e sensibilización para os empresarios interesados en participar en rutas agroalimentarias.
Máis información >>

Presentación do proxecto aos concellos integrantes de cada nodo. 29 e 30 de xuño de 2010
Agader presentou o proxecto rutas agroalimentarias aos alcaldes dos concellos integrantes de cada nodo de actuación piloto.

· 29 de junio - Vilalba
· 29 de junio - Palas de Rei
· 30 de junio - Quiroga
· 30 de junio - Verín

Reunión transnacional en Galicia. 26, 27 de maio de 2010
Os socios do proxecto reuníronse en Santiago de Compostela os días 26 e 27 de maio para difundir as actividades e os traballos executados ata o momento.
Máis información >>

Contratación dún técnico con cargo ao proxecto
Descarga os arquivos de:

· Resolución
· Listaxe provisoria de admitidos e excluidos
· Listaxe definitiva de admitidos
· Listaxe de aspirantes que pasan á fase de entrevista persoal
· Puntuacións obtidas polos aspirantes

Lanzamento Proxecto
Os socios do proxecto reuníronse en Denbighshire (Gales) os días 29 e 30 de outubro para presentalo e iniciar inmediatamente os traballos.
Máis información >>