FARLAND

FARLAND, "Future Approaches to Land Development”, é un proxecto de cooperación transnacional impulsado baixo a iniciativa comunitaria INTERREG III encamiñado a fomentar o intercambio de experiencias e coñecemento no campo da xestión da terra entre rexións europeas.

O proxecto foi aprobado en 2005 e levará a cabo as súas actividades até fins do ano 2007. Galicia participa neste proxecto a través da Consellaría do Medio Rural, representada por Agader e pola Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias e do Laboratorio do Territorio (LaboraTe) con sede na Escola Politécnica Superior de Lugo.
Máis información >> (en castellano).