Integración do Turismo Rural na Sociedade da Información

A creación dun Asesor Tecnolóxico para as empresas de turismo rural de Galicia é unha iniciativa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que se executa a través do Plan Avanza (2006-2010), para o Desenvolvemento da Sociedade da Información e a Converxencia con Europa e entre as Comunidades Autónomas. Orientado a conseguir o axeitado emprego das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para contribuír ao éxito dun modelo de crecemento económico baseado no incremento da competitividade e a produtividade, a promoción da igualdade social e rexional e a mellora do benestar e a calidade de vida da cidadanía.

As distintas análises tanto por parte da oferta como da demanda poñen en evidencia que as necesidades das empresas turísticas do espazo rural galego non atopan unha oferta axeitada de servizos tecnolóxicos, ao mesmo tempo é preciso incentivar a cultura innovadora que actualmente se encontra nun número moi pequeño delas. Por estes e outros motivos, veuse a necesidade deste Asesor Técnolóxico, que se articula coa contratación dunha empresa con coñecemento intensivo en tecnoloxías da Sociedade da Información, para ofrecer deste xeito un conxunto ordenado de servizos que sirvan para satisfacer as necesidades empresariais turísticas en materia de Innovación e Tecnoloxía.

Os obxectivos do Asesor Tecnolóxico son os seguintes:

· Contribuír tecnolóxicamente ao desenvolvemento e mantemento das empresas turísticas existentes no espazo rural galego, para mellorar a súa competitividade e ampliar os seus horizontes de mercado.
· Fomentar a adopción e adaptación das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas empresas turísticas, fundamentalmente as derivadas do uso de Internet.
· Adoptar decisións acertadas e axeitadas no campo das novas tecnoloxías xa que se trata dun asesor externo moi especializado.
· Proporcionar formación e información en novas tecnoloxías para que se adopten novos sistemas e aplicacións.
· Acadar unha maior visibilidade na rede do sector turístico rural.

Poderán presentarse a esta convocatoria empresas legalmente constituídas, con servizos e ferramentas relacionadas coa Internet e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, que permitan desenvolver as liñas de actuación deste proxecto.

Descarga o:

· Tríptico informativo
· Calendario de xornadas informativas - febreiro 2009
· Calendario dos cursos
· Solicitude de Documentación Relativa a Aplicación Informatica