O proxecto “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” está cofinanciado polo Feder a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal. O obxectivo do proxecto é crear, capacitar e promocionar as “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” como instrumento público-privado de cooperación para mellorar a competitividade da industria vitivinícola e o desenvolvemento do enoturismo, así como valorizar a identidade cultural da Eurorrexión.
Unha ruta do viño é "un produto turístico organizado en torno ao eixo temático do viño e localizado nun territorio concreto identificado cunha denominación de orixe vitivinícola. As rutas inclúen recursos de interese enolóxico, cultural e paisaxístico, entre os que se poderán atopar, ademais de adegas, outros establecementos que presten servizos de restauración, hospedaxe, educativos e de ocio e lecer que, cumprindo os requisitos pertinentes, estean adheridos á dita ruta". Polo tanto, son as pemes os beneficiarios finais deste proxecto.
As actuacións estarán estruturadas en torno a catro actividades:
· | Diagnóstico e deseño do produto e da marca “rutas do viño”, que comprenderá dúas actuacións: a realización dun estudo de mercado sobre enoturismo e a elaboración do manual de produto “Rutas do Viño”. |
· | Creación e/ou consolidación de estruturas de cooperación público-privadas: constituirase un ente xestor en cada ruta, así como unha comisión de coordinación das rutas da Eurorrexión. |
· | Capacitacion e desenvolvemento de produto, organizándose cursos de formación para o persoal técnico dos entes xestores e seminarios en cada DO dirixidos ás bodegas e outras pemes e entidades adheridas a cada ruta. |
· | Equipamento, promoción e internalización: promoción de marca, páxina web, actividades de promoción, sinalización, asistencia conxunta a feiras nacionais e internacionais. |
A área xeográfica de intervención é a correspondente cos concellos que estean incluídos nas cinco denominacións de orixe de Galicia (Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras) máis os da D.O. Vinhos Verdes, no norte de Portugal, participando así territorios vitivinícolas que teñen constituído recentemente o seu ente xestor (Rías Baixas, Ribeiro, Vinhos Verdes), con distinto grado de consolidación, con outros que aspiran a telo no período de execución do proxecto.
Co proxecto espérase mellorar a competitividade do viño como recurso estratéxico da economía de Galicia e o Norte de Portugal; mellorar a cooperació público-privada; a internacionalización das Pemes; incrementar o número de enoturistas; e contribuír á diversificación do medio rural.
Partenariado transfronterizo
· | Xefe de Fila: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Galicia) |
· | Socio: Turgalicia (Galicia) |
· | Socio: Concello de Ribadavia (Galicia) |
· | Socio: Comisión de Viticultura de Regiao dos Vinhos Verdes (Portugal) |
Actividades do proxecto
Video das Rutas do Viño de Galicia e Norte de Portugal
· | Descarga o video |
Folleto sobre as Rutas do Viño de Galicia e Norte de Portugal
· | Descarga o arquivo |
Seminario Proxecto Rutas do Viño de Galicia e Norte de Portugal
· | Programa |
· | Formulario de inscrición |
· | Ponencias |
· | Fotografías |
Revista prensa
· | 25 ao 27 de xullo de 2010 (en castelán) |
· | 21 de xullo de 2010 (en castelán) |
· | 30 de xuño ao 9 de xullo de 2010 (en castelán) |
Newsletter
· | Actividades mayo-julio (en castelán) |
Novidades
r
Contratación de catro técnicos con cargo ao proxecto
· | Resolución |
· | Listaxe provisoria de admitidos e excluidos |
· | Listaxe definitiva de admitidos |
· | Listaxe de aspirantes que pasan á fase de entrevista persoal |
· | Puntuacións obtidas polos aspirantes |