Novas

10.08.2018
Agader aproba as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural
Resolución do 30 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 30 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.