Novas

19.09.2017
Reunión ao abeiro do convenio de colaboración para a Observación da Mobilidade e o Mercado da Terra de Galicia
Reunión Observatorio Mobilidade
A reunión de hoxe tivo lugar na sede de Agader, foi de carácter técnico e contou coa presenza de diferentes departamentos da Xunta de Galicia, da USC e da Fundación Juana de Vega

Esta mañá tivo lugar, na sede da Agader, unha reunión técnica na estiveron presentes representantes do Instituto de Estudos do Territorio, Axencia Tributaria de Galicia, Fundación Juana de Vega, Fondo Galego de Garantía Agraria, Universidade de Santiago de Compostela, Instituto Galego de Estatística e da propia Axencia Galega de Desenvolvemento Rural , ao abeiro do convenio de colaboración para a Observación da Mobilidade e o Mercado da Terra de Galicia.

Os asuntos tratados centráronse principalmente na posta en común dos distintos datos e indicadores dos que dispoñen cada un dos organismos para a xeración de estudos temáticos relacionados co cambio de usos do solo, a relación entre o prezo do leite e o prezo de arrendamento de terras, así como analizar da demanda e oferta de terras no Banco de Terras.