Novas

19.12.2017
Reunión ao abeiro do Convenio de colaboración para a Observación da Mobilidade e o Mercado da Terra de Galicia
Reunión do Observatorio Mobilidade e Mercado da Terra en Galicia
A reunión de hoxe, celebrada na sede da Agader, foi unha reunión de carácter técnico presidida polo director xeral da Agader, D. Miguel A. Pérez Dubois e na que estiveron presentes representantes do Instituto de Estudos do Territorio, Axencia Tributaria de Galicia, Fundación Juana de Vega, Universidade de Santiago de Compostela, Instituto Galego de Estatística e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ao abeiro do Convenio de Colaboración para a Observación de Mobilidade e o Mercado da Terra de Galicia.

Os asuntos tratados centráronse fundamentalmente na posta en común dos datos e indicadores que manexan cada un dos organismos para a xeración do informe anual de 2017 sobre prezos e mobilidade de terra rústica en Galicia.