Novas

15.05.2018
Reunión ao abeiro do convenio de colaboración para a observación da mobilidade e o mercado da terra de Galicia
Reunión Observatorio da mobilidade e o mercado da terra de Galicia
A reunión de hoxe, celebrada na sede de Agader, foi unha reunión de carácter técnico na que estiveron presentes representantes do Instituto de Estudos do Territorio, Axencia Tributaria de Galicia, Fundación Juana de Vega, Universidade de Santiago de Compostela, Instituto Galego de Estatística e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ao abeiro do convenio de colaboración para a observación da mobilidade e o mercado da terra de Galicia.

Os asuntos tratados centráronse fundamentalmente na análise dos datos e indicadores do informe anual de 2017 sobre prezos e mobilidade de terra rústica en Galicia que vai ser presentado en breve.