Novas

08.06.2017
Xornada de difusión e promoción de Agader
Cartel Semana Verde de Galicia
Agader estará presente nesta XL Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia este venres día 9 de xuño cunha xornada adicada a difundir as diferentes liñas de axuda e actuacións que se están a levar a cabo.

A apertura da xornada, ás 10 da mañá, correrá a cargo do director xeral de Agader, Miguel Pérez Dubois. Seguidamente una presentación de Agader como instrumento eficaz de desenvolvemento rural, os seus departamentos e liñas de axuda e actuacións. Despois explicaranse varios proxectos de éxito levados a cabo coa financiación das liñas de Agader. Calusurará a xornada a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, e os asistentes visitarán os stands de dous Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) que xestionan o Leader e que están presentes na feira.

Máis información >>