Vostede está aquí

Novas

11.12.2023
A Xunta destinará en 2024 máis de 2 M€ ao convenio de colaboración cos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural A Xunta destinará en 2024 máis de 2 M€ ao convenio de colaboración cos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural
Estas axudas, enmarcadas no programa Leader, financian proxectos de formación, animación e promoción territorial en diferentes comunidades rurais. Na xuntanza de hoxe, abordouse tamén a aprobación das estratexias de desenvolvemento local para o próximo período Leader dotado con 840.000 euros por parte do Goberno autonómico.
11.12.2023
A Xunta defende as permutas como sistema útil para a mobilización voluntaria de terra en zonas con intensa actividade agrogandeira e alto coñecemento da propiedade A Xunta defende as permutas como sistema útil para a mobilización voluntaria de terra en zonas con intensa actividade agrogandeira e alto coñecemento da propiedade
Nesta iniciativa de cooperación entre GDR colaboran os da Comarca de Lugo, Pontevedra Norte e Asdecomor, que integra varios concellos do interior da provincia da Coruña. No acto, José González subliñou que as permutas súmanse a outras iniciativas xurdidas ao abeiro da Lei de recuperación da terra, como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta. Remarcou que todas estas figuras, xunto coas parcelarias, están permitindo mobilizar arredor de 35.000 hectáreas en toda Galicia. Puxo en valor a colaboración que prestan os GDR para impulsar estes labores e que a Xunta corresponde con medidas como a recente achega de máis de dous millóns de euros para aplicar unha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader
05.12.2023
A Xunta estudará as posibilidades para seguir mobilizando e reestruturando terra no concello coruñés de Teo A Xunta estudará as posibilidades para seguir mobilizando e reestruturando terra no concello coruñés de Teo
José González avaliou coa alcaldesa da localidade, Lucía Calvo, as opcións para continuar avanzando na reestruturación de superficie agroforestal e a súa posta en valor No encontro tamén se valorou o recente convenio asinado para levar a cabo un proxecto de mellora de dúas infraestruturas viarias no lugar de Cesar, cun investimento de máis de 48.000 euros por parte da Consellería do Medio Rural. Nesta mesma liña, o Concello de Teo conta con outro proxecto en marcha para o acondicionamento do viario municipal en Cornide, que se atopa dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais 2023/2024 e ten unha dotación de 50.846 euros por parte do goberno autonómico.
02.12.2023
A Xunta estuda o desenvolvemento das figuras da Lei de recuperación da terra agraria en San Cristovo de Cea San Cristovo de Cea
José González destacou a importancia da Lei de recuperación da terra á hora de avanzar na dinamización socioeconómica e a posta en valor do territorio agrario e forestal que se atopa en situación de abandono e infrautilización. Puxo de relevo que no vindeiro ano poranse en funcionamento os primeiros polígonos agroforestais -Oímbra e Cualedro- ou as agrupacións forestais de xestión conxunta, vencelladas a plans piloto para a recuperación de soutos tradicionais. Tamén sinalou que as 21 aldeas modelo aprobadas xa estarán en marcha no 2024 e que na de Muimenta, en Carballeda de Avia, crearase o primeiro espazo agrario de experimentación.

Páxinas