Vostede está aquí

Novas

15.11.2017
A Xunta recoñece cos premios Agader as mellores iniciativas para modernizar e dinamizar o rural galego Oitava edición dos premios Agader
A Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, salientou o labor da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e dos profesionais, asociacións e concellos a prol do noso agro e destacou que todo este esforzo institucional e da sociedade civil contribúe a “facer do noso rural un lugar atractivo para traballar, para emprender e para vivir”. O primeiro premio foi para o Centro de día da Asociación Amicos de Boiro polo seu traballo no coidado e atención de persoas con discapacidade. Tamén foron recoñecidos unha vivenda comunitaria para maiores en Rodeiro, un proxecto de atención a familiares de persoas con demencia residentes no rural en Santiago, unha iniciativa turística no Courel, outra de carácter cultural en Lalín e unha banda de música xuvenil en Ponteareas.
05.11.2017
Medio Rural asina un convenio de colaboración para divulgar os lugares de interese dos montes do Courel Sinatura convenio Asociación Montañas do Courel
O director xeral de Agader asinou hoxe o acordo polo que se gravará un vídeo de promoción a vista de dron. Esta acción pretende contribuir á candidatura da contorna como Xeoparque Mundial da Unesco, que sería o primeiro da súa clase no noroeste español.
28.10.2017
A Conselleira de Medio Rural entrega a dez concellos un total de 211 parcelas do Banco de Terras Entrega de parcelas a dez concellos
Este paso pode levarse a cabo grazas á Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia (Metaga), que facilita que estes terreos pasen a ser de titularidade municipal dun xeito máis sinxelo e con menos carga burocrática que a tradicional cesión de terras.
19.09.2017
Reunión ao abeiro do convenio de colaboración para a Observación da Mobilidade e o Mercado da Terra de Galicia Reunión Observatorio Mobilidade
A reunión de hoxe tivo lugar na sede de Agader, foi de carácter técnico e contou coa presenza de diferentes departamentos da Xunta de Galicia, da USC e da Fundación Juana de Vega

Páxinas