Vostede está aquí

Novas

09.02.2024
A Xunta avanza nos traballos de posta a punto do polígono agroforestal de San Amaro, na provincia de Ourense A Xunta avanza nos traballos de posta a punto do polígono agroforestal de San Amaro, na provincia de Ourense
Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, abrangue unha superficie de 28,03 hectáreas distribuídas en 422 parcelas de 146 propietarios.
08.02.2024
A Xunta licita a contratación dunha solución innovadora integral para a xestión das comunidades enerxéticas nas aldeas modelo Comunidades enerxéticas nas aldeas modelo
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, inaugurou esta mañá unha xornada informativa sobre o proxecto, que xa está publicado na plataforma de Contratos Públicos de Galicia. A primeira fase de proxecto conta cun orzamento de case 1,2 millóns de euros para o deseño do modelo de comunidade enerxética baseado no uso de enerxías renovables, dando prioridade á biomasa e os residuos da actividade agraria. Neste momento están en prazo de presentación de solicitudes as axudas da Administración autonómica para a constitución de comunidades enerxéticas.
08.02.2024
Resolución nomeamento das persoas seleccionadas no proceso extraordinario de estabilización da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Resolución nomeamento das persoas seleccionadas no proceso extraordinario de estabilización da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
05.02.2024
Invitación para o evento de presentación do procedemento de contratación CPI-AGADER imaxe da nova
A Consellería de Medio Rural e a Axencia de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, organizan o evento de presentación da contratación do servizo de desenvolvemento e implantación dunha solución innovadora integral para a xestión das comunidades enerxéticas nas Aldeas Modelo de Galicia, cuxo documento descritivo xa foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Páxinas