Vostede está aquí

Novas

29.01.2023
A Xunta mostra o seu traballo en materia de mobilización de terras a unha delegación da Comisión Europea A Xunta mostra o seu traballo en materia de mobilización de terras a unha delegación da Comisión Europea
Xunto con técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a delegación europea visitou esta semana a aldea modelo de Penedo, no concello ourensán de Boborás. Este grupo de 20 expertos de toda Europa traballará, neste primeiro semestre de 2023, para identificar e analizar enfoques e iniciativas coas que reducir o abandono de terras agrarias, así como recuperar aquelas xa abandonadas. A Consellería do Medio Rural destina neste 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria, un 11% máis ca en 2022
23.01.2023
A Xunta comparte cunha delegación do Goberno de Castela e León o seu labor a prol do rural A Xunta comparte cunha delegación do Goberno de Castela e León o seu labor a prol do rural
A estadía deste grupo castelán-leonés, encabezado polo director general de Patrimonio Natural y Política Forestal, céntrase en ámbitos como o desenvolvemento rural e o eido forestal, incluída a loita contra os lumes. A visita, que se prolongará ata mañá martes, arranca hoxe con percorridos por dúas aldeas modelo da provincia de Ourense (Meixide-A Veiga e Penedo-Boborás) e encontros de traballo con diferentes responsables da Consellería do Medio Rural
20.01.2023
A Xunta convoca a XIV edición dos Premios ao desenvolvemento rural cunha dotación total de 80.000 euros para oito categorías A Xunta convoca a XIV edición dos Premios ao desenvolvemento rural
Publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria e as bases destes galardóns, dirixidos aos proxectos que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada Os interesados teñen un mes de prazo para presentar as súas candidaturas con iniciativas que deben estar concluídas con carácter previo a esta publicación no DOG
19.01.2023
Bases para a selección de persoal laboral da Asociación Limia-Arnoia GDR 10, para xestionar o Programa Leader. Imaxe da nova
A presente convocatoria, ten por obxecto a definición dos procesos selectivos que se aplicarán na selección do persoal laboral contratado para xestionar o Programa LEADER 2014- 2020 no ámbito territorial do GDR 10 Limia - Arnoia.

Páxinas