Vostede está aquí

Novas

06.09.2017
Medio Rural avanza no proceso de traspaso de parcelas do Banco de Terras aos concellos O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, mantivo hoxe encontros cos alcaldes de municipios da Coruña e Lugo para explicarlles o proceso a seguir
O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, mantivo hoxe encontros cos alcaldes de municipios da Coruña e Lugo para explicarlles o proceso a seguir. Preténdese así impulsar a mobilidade de terras retirando do organismo dependente de Medio Rural aqueles predios sen utilidade agraria.
26.07.2017
Relación de proxectos subvencionados das axudas para a adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas
Relación de proxectos subvencionados ao abeiro da resolución do 6 de abril de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas con Feader ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020 (Convocatoria de 2017).
21.07.2017
Ampliación do crédito e do prazo de xustificación das axudas para a adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas
Resolución do 17 de xullo de 2017 pola que se amplía o crédito e o prazo de xustificación das subvencións convocadas en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro da Resolución do 6 de abril de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
12.06.2017
Oitava edición dos Premios Agader Premios Agader
Coa finalidade de premiar aquelas iniciativas que, no seo da comunidade autónoma de Galicia, contribuan de xeito singular á promoción do medio rural e á xeración dunha sociedade máis dinámica e cohesionada, convócase a oitava edición dos Premios Agader ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural.

Páxinas