Vostede está aquí

Novas

21.12.2022
A Xunta destaca a utilidade das aldeas modelo para a recuperación da terra agraria e para a loita contra o abandono e infrautilización do agro galego A Xunta destaca a utilidade das aldeas modelo para a recuperación da terra agraria e para a loita contra o abandono e infrautilización do agro galego
Inés Santé puxo en valor o feito de que das 21 aldeas modelo existentes en Galicia, cinco pertencen á provincia de Lugo e dúas delas localízanse na Ribeira Sacra. Así, salientou que os núcleos de Bustelo de Fisteus, en Quiroga, e de Francos de Proendos, en Sober, permiten recuperar unhas 26 hectáreas de 108 propietarios
16.12.2022
A Xunta aproba as guías definitivas de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para as aldeas modelo de Osmo en Cenlle e de Muimenta en Carballeda de Avia A Xunta aproba as guías definitivas de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para as aldeas modelo de Osmo en Cenlle e de Muimenta en Carballeda de Avia
Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
14.12.2022
A Xunta remata a parcelaria de Mondoñedo Norte tras reorganizar unha superficie de máis de 800 hectáreas e investir máis de 2,2 millóns de euros A Xunta remata a parcelaria de Mondoñedo Norte tras reorganizar unha superficie de máis de 800 hectáreas e investir máis de 2,2 millóns de euros
José González destacou que, grazas a este traballo, a superficie media das parcelas triplicouse, pasando de 1.525 a 5.746 metros cadrados e de 5.317 predios a 1.335 parcelas finais. Puxo en valor que entre o ano 2020 e o que vai de 2022, a Xunta rematou un total de 24 concentracións parcelarias -contando a de hoxe-, que abarcaron unha superficie total de máis de 17.400 hectáreas, beneficiando preto de 11.300 propietarios. Ademais das parcelarias, a Xunta aposta polos mecanismos de mobilización que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria e coa que, só no primeiro ano de vixencia, se están mobilizando máis de 9.300 hectáreas en toda Galicia
13.12.2022
A Xunta pon en valor os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para a loita contra os incendios forestais A Xunta pon en valor os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para a loita contra os incendios forestais
Ambos directores xerais defenderon a importancia da ordenación do territorio como elemento imprescindible para reducir o risco de incendios, mitigar o seu impacto e axudar ao seu control. A Lei de recuperación brinda varios instrumentos como os polígonos agroforestais ou as aldeas modelo, cuxa eficacia puido comprobarse este verán coa aldea de Parada dos Montes, na Pobra do Brollón, onde os pasteiros frearon o avance do lume

Páxinas