Programa de desenvolvemento rural sostible

Qué é o PDRS?

Programa de desenvolvemento rural sostible (PDRS) en Galicia é unha iniciativa do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, en coordinación coa Xunta de Galicia, que procura o desenvolvemento do medio rural galego dun modo sostible e conta cunha cofinanciación ao 50% entrambas as dúas Administracións.

Neste Programa realízase unha análise e un diagnóstico sobre a situación do medio rural, defínese unha estratexia de desenvolvemento rural, concrétanse as zonas rurais que delimitaron e propuxeron para a súa aplicación dende a Comunidade Autónoma de Galicia, especifícanse os tipos de actuacións multisectoriais que se poderán poñer en marcha, defínese o contido que deben ter os Plans de Zona como instrumentos para planificar a súa aplicación en cada zona rural, determínase o marco de cooperación entre as Administracións Públicas que conflúen sobre o medio rural para a súa posta en práctica, defínese o orzamento e sistema de financiamento, e conclúese cun sistema de avaliación e seguimento. Para o seu desenvolvemento asínase un convenio entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Xunta de Galicia.

A Resolución de 22 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente), publica o Convenio específico coa Comunidade Autónoma de Galicia para a execución, seguimento e avaliación das acción incluídas nos planes de zona das súas zonas rurais.

O convenio asinouse o 7 de maio de 2012 e a Resolución publicouse no Boletín Oficial do Estado do 11 de xuño de 2012 (núm. 139). O seu obxecto é materializar a colaboración entre a Administración entre a Administración Xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución, seguimento e avaliacións das actuacións concertadas.

O convenio prevé que as accións para executar estrutúrense en catro eixos:

· Actividade económica e emprego
Contémplanse actuacións relacionadas coa diversificación económica  e a creación e mantemento do emprego. Cabe citar, actuacions como a promoción do turismo rural, a produción de bens e servizos estratéxicos para a economía da zona rural, o apoio ao comercio nas zonas rurais e a información e formación profesional ocupacional e continua dos traballadores.
· Infraestruturas e equipamentos básicos
Inclúense melloras da rede viaria de transporte e comunicacións, desenvolvemento das enerxías renovables e das tecnoloxías da información e da comunicación
· Servizos e benestar social
Son actuacións encamiñadas á mellora da sanidade rural e das estruturas para a protección social no medio rural, as inversións en centros sociais de protección social, así como a teleasistencia avanzada
· Medio ambiente
Orientado á xestión sostible dos recursos forestais, cinexéticos ou piscícolas,  protección do medio ambiente e á restauración hidrolóxico-forestal