Concepto e funcionalidade
Unha aldea modelo é un tipo particular de figura de recuperación e posta en valor de terras, que conta coas seguintes singularidades:
· | Está pensada para mobilizar as antigas terras de labor en pequenos núcleos de poboación en risco de incendios. |
· | As terras perimetrais da aldea deben estar na súa maioría nun estado de grave abandono, ao tempo que deben ter unha boa capacidade produtiva. |
· | A actuación do concello afectado deberá ser proactiva, colaborando en todo momento co proceso e liderando a dinamización por medio da recollida de sinaturas. |
· | É necesario o acordo maioritario coas persoas propietarias, nun mínimo do 70% de titulares e superficie, a colaboración dos concellos e a existencia de persoas produtoras interesadas. |
· | Unha actuación respectuosa e sostible, ligada fundamentalmente a producións tradicionais e preferiblemente ecolóxicas. |
· | Actuacións manexables, de superficies medias de entre 20 e 40 ha. |
· | Ligadas as actuacións de control da biomasa nos 50 m de faixa perimetral executadas por convenio entre DXDM, FEGAMP e SEAGA. |
· | Non se intervén no interior do núcleo, se ben existirá colaboración posterior con outras consellerías para recuperación ambiental, arquitectónica, urbanística, patrimonial e paisaxística. |
· | Organización dunha Rede de Aldeas Modelo para xerar sinerxias e compartir coñecementos. |
· | Posible creación dunha marca de garantía para as producións. |
Fundamento legal
Recollido nos artigos 47.bis e 47.ter da lei 6/2011 de mobilidade de terras, modificacións incluídas nas leis de acompañamento de 2018 e 2019, respectivamente.
Perímetro e faixa de incendios de la AM de Parada dos Montes – A Pobra de Brollón |
Estado das solicitudes de aldeas modelo
A data de hoxe existen un total de 50 peticións, excluíndo as xa eliminadas por non cumpliren cos requirimentos mínimos de abandono, calidade das terras ou vontade da veciñanza. Destas 50 peticións están en marcha un total de 18, con 531 ha, case 10.500 parcelas e 2.600 persoas propietarias, segundo se recolle no Cadro nº 1.
Finalmente existen 16 aldeas máis solicitadas pero pendentes dos estudos iniciais. A previsión sería que unhas 10 aldeas máis estivesen xa iniciadas ao longo do primeiro semestre, cunha estimación adicional de 300 ha.
Provincia | Municipio | Aldea modelo | Situación | Número de parcelas | Número de propietarios | Superficie (ha) |
Lugo | O Incio | Trascastro | En execución | 178 | 104 | 14 |
Ourense | Boborás | Penedo | En execución | 675 | 132 | 23,41 |
Ourense | Carballeda de Avia | Muimenta | En execución | 1.639 | 242 | 29,14 |
Ourense | Cenlle | Osmo | En execución | 169 | 51 | 24,77 |
Ourense | O Irixo | Trabazón | En execución | 220 | 30 | 6,06 |
Ourense | Monterrei | Infesta | En execución | 945 | 234 | 40,52 |
Lugo | A Pobra de Brollón | Parada dos Montes | En execución | 293 | 75 | 15,55 |
Ourense | Arnoia | Remuiños | En execución | 1.481 | 276 | 43,64 |
Ourense | Pereiro de Aguiar | Reboredo | En execución | 225 | 111 | 11,77 |
Ourense | Quintela de Leirado | Xacebáns | En execución | 622 | 132 | 32,67 |
Ourense | Toén | Trelle | En execución | 649 | 176 | 29,37 |
Subtotal | 11 | 7.096 | 1.563 | 270,9 | ||
A Coruña | Ames | Ferreiros | Recollida de sinaturas | 178 | 104 | 8,64 |
Lugo | Sober | Francos de Proendos | Recollida de sinaturas | 238 | 115 | 16,62 |
Ourense | Bande | O Pazo | Recollida de sinaturas | 566 | 122 | 60,54 |
Ourense | Cartelle | Nogueiro | Recollida de sinaturas | 387 | 182 | 93,37 |
Ourense | Oímbra | Oímbra | Recollida de sinaturas | 806 | 356 | 28,79 |
Ourense | Ribadavia | Santa Cristina | Recollida de sinaturas | 269 | 110 | 14,25 |
Pontevedra | Cerdedo-Cotobade | Vilalén | Recollida de sinaturas | 931 | 114 | 38,37 |
Subtotal | 7 | 3.375 | 1.103 | 260,58 | ||
TOTAL | 18 | 10.471 | 2.666 | 531,48 | ||
Cadro nº 1: Aldeas Modelo en tramitación a 10/06/2020 |
Provincia | Municipio | Aldea modelo | Situación |
A Coruña | Outes | Cuns | 4. En fase inicial |
Lugo | Folgoso do Courel | Seceda, Moreda | 4. En fase inicial |
Lugo | Mondoñedo | Oirán | 4. En fase inicial |
Lugo | O Saviñao | Belesar | 4. En fase inicial |
Ourense | A Gudiña | Barxa | 4. En fase inicial |
Ourense | A Gudiña | O Seixo | 4. En fase inicial |
Ourense | A Veiga | Meixide | 4. En fase inicial |
Ourense | O Barco de Valdeorras | Villarino | 4. En fase inicial |
Ourense | Cualedro | Carzoá | 4. En fase inicial |
Ourense | Leiro | Barzamedelle | 4. En fase inicial |
Ourense | Lobios | Requeixo | 4. En fase inicial |
Ourense | Rairiz de Veiga | Lampaza | 4. En fase inicial |
Pontevedra | Cerdedo-Cotobade | Parada | 4. En fase inicial |
Pontevedra | O Covelo | Cernadela | 4. En fase inicial |
Pontevedra | Tomiño | Os Panascos | 4. En fase inicial |
Pontevedra | Valga | Martores, Vilares ou Laceiras | 4. En fase inicial |
TOTAL | 16 | ||
Cadro nº 2: Aldeas Modelo en Fase inicial a 10/06/2020 |
O Mapa que se achega recolle a distribución territorial das aldeas modelo en marcha ou tramitación.
Orientacións produtivas e colaboracións
Tendo en conta que o prazo de arrendamento inicial será de 5 a 10 anos e as súas singularidades, a gran maioría das aldeas estarán dedicadas á gandería extensiva (vacún e porcino autóctonos sobre todo, pero tamén ovino e cabrún), cereais para alimentación animal e panificación e tamén mazairas.
Xa se están a levar a cabo acordos de colaboración con grupos agroindustriais para a compra da produción das aldeas e con asociacións de produtores para colaboración mutua.
Finalmente cómpre sinalar que están en marcha procesos de colaboración cos axentes no territorio, sinaladamente os Grupos de Desenvolvemento Rural e as Oficinas Agrarias comarcais.