Planificación estratéxica da Limia

Datos básicos

A comarca da Limia na provincia de Ourense está conformada polos concellos de (Os Blancos, Baltar, Xinzo de Limia, Sarreaus, Porqueira, Trasmiras, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Calvos de Randín, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía). A comarca ocupa unha superficie de 801,9 quilómetros cadrados e tiña unha poboación de 20.340 en 2018 (IGE).

A Limia é unha comarca cunha forte especialización produtiva centrada no sector primario, que achega o 29,59% do PIB comarca (IGE, 2018). Na actualidade é un dos territorios con maior produción agrícola de Galicia, tanto en produtos hortícolas, como de pataca, cereal e millo. Asemade destaca por unha importante implantación da gandería de porcino, de aves e de vacún.

Unha parte da superficie da comarca está protexida pola Rede Natura 200 baixo a figura de Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA A Limia). Tamén o ecosistema fluvial do rio Limia, concretamente a Veiga de Ponteliñares está declarada Zona Especial de Conservación (ZEC Veiga de Ponteliñares).

 

Obxectivo

Elaborar un plan estratéxico do sector agrogandeiro que contribúa a un desenvolvemento sostible, rendible economicamente e compatible medioambientalmente co territorio.

 

Metodoloxía

Para a elaboración do Plan Estratéxico do sector agrogandeiro da comarca da Limia vaise desenvolver un proceso participativo que conte con todos os axentes representativos do sector agrario da Limia e coas diversas institucións presentes na Comarca.

Os encontros serán eminentemente participativos, polo que se levarán a cabo diferentes dinámicas que teñen por finalidade principal garantir a participación de todas as persoas asistentes.

Están planificados un total de cinco encontros nos que se van a distribuír todos os axentes implicados na Mesa da Limia, coas seguintes temáticas:

· Encontro 1: Diagnose estratéxica do sector agrario na Limia (20 de novembro de 2020)
· Encontro 2: Propostas para a produción gandeira (26 de novembro de 2020)
· Encontro 3: Propostas para a produción agrícola (3 de decembro de 2020)
· Encontro 4: Propostas para o desafío dos residuos agrogandeiros (10 de decembro de 2020)
· Encontro 5: Presentación do documento de análise e propostas. (2021)

A partir do proceso participativo identificaranse as liñas ou eixos estratéxicos de actuación e unha proposta de gobernanza así como un deseño de indicadores para o seguimento do Plan.

Mais información:
No teléfono 604025160 ou no enderezo infoagader@xunta.es