ADAPTACLIMA

ADAPTACLIMA II, "Adaptación a los efectos del cambio climático en el SUDOE”, aprobado na terceira convocatoria do Programa de Cooperación Territorial Sudoeste Europeo, é un proxecto que surde dá necesidade de por en valor estudos, análises, conclusións e recomendacións, elaboradas no proxecto ADAPTACLIMA e noutros proxectos cofinanciados tanto polo SUDOE como por outros programas europeos.

A intención de ADAPTACLIMA II é conseguir que este coñecemento científico teña aplicación práctica en accións visibles entre todos os axentes que interveñen na loita contra o cambio climático e nos procesos de adaptación ao mesmo.
O obxectivo é xerar un clúster de iniciativas sobre cambio climático que teña repercusión nas políticas ambientais de futuro e nas empresas potenciando actividades innovadoras nos territorios, así como abrindo novas canles de formación e comunicación dirixidos ao cidadán e xerando contidos estratéxicos dentro do espazo SUDOE.

· Acordo co Instituto Galego da Vivenda e Solo
· Proposta metodolóxica
· Avaliacións dos efectos do cambio climático - GT3 (en castelán)
· Avaliacións dos efectos do cambio climático - GT4 (en castelán)
· Incidencias dos efectos provocados polo cambio climático
· Conferencia Final
Invitación á conferencia (en castelán)
Programa da xornada (en castelán)
Inscrición (en castelán)