Convenio USC-Agader

Convenio "Realización de Actividades de Interese para o Rural Galego relativas á Planificación Sostible do Uso do Solo e da Xestión de Terras".
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) apoiou a realización dunha investigación levada a cabo polo Laboratorio do Territorio (LaboraTe), na que se desenvolve unha metodoloxía de análise da posesión e uso da terra para a comprensión e diagnose das dinámicas territoriais, así como a avaliación dos sistemas de administración de terras existentes en Galicia e a súa idoneidade para apoiar as actividades de xestión de terras.

Máis información >>