ILDER

O proxecto ILDER (Inserción Laboral no Desenvolvemento Rural) é un proxecto coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) aprobado ao abeiro da 2ª convocatoria da Iniciativa Comunitaria EQUAL. A Agrupación de Desenvolvemento que o participa está composta por sindicatos agrarios, empresas, administracións e outras entidades ligadas ao medio rural galego.

Dentro do proxecto, Agader ten previsto unha serie de actuacións en favor da creación de empresas no medio rural. Estas actuacións encádranse nunha lóxica global baseada nos criterios de atención, asistencia e acompañamento, e comprenden as seguintes liñas:

· A posta en funcionamento dunha infraestrutura de servizos encamiñados á motivación de emprendedores, xeración de ideas empresariais e apoio a creación de empresas no medio rural.
· A posta sobre o terreo de axentes dinamizadores encargados de fomentar e apoiar a creación de empresas en contacto coa poboación local. Nestes momentos, Agader ten un axente dinamizador no territorio de Ancares–Courel e está previsto a selección de outras zonas de intervención.