Nova convocatoria Leader

O pasado día 3 de maio, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de subvencións para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cun orzamento de 13 millóns de euros para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5% pola Xunta. 

Trátase das achegas ás que pode optar calquera persoa ou entidade a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non.

Unha nova convocatoria, no marco do período de transición establecido pola Unión Europea, que asegura o apoio das axudas ao desenvolvemento rural ata o 31 de decembro de 2022, namentres non comece o novo PDR 2021-2027.

 
Documentación de interese
 

 

 

 

O pasado día 29 de decembro, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de subvencións para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cun orzamento de 15,3 millóns de euros para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5% pola Xunta. 

Trátase das axudas ás que poden optar persoas físicas na súa condición de empresas (autónomos), entidades públicas locais e entidades de natureza privada a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas. Os proxectos poderán ser de carácter produtivo ou non produtivo, en función da natureza xurídica da persoa que os promova e en función de se a súa finalidade é  lucrativa ou non lucrativa. 

 

Como se van xestionar as axudas nesta convocatoria?

Os promotores de proxectos, tanto produtivos como non produtivos, poderán realizar a súa solicitude de forma telemática, por primeira vez a través dunha plataforma informática (XALEA) propia e configurada para poder xestionar dunha forma sinxela toda a tramitación das axudas Leader.

 

acceso_xalea.jpg

 

Que é XALEA?

XALEA é un sistema de información que da soporte á liña de axudas do procedemento MR701D.
Submedidas:

  • 19.2: apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local
  • 19.4B: custos de animación e promoción territorial.
  • 19.4A: gastos de funcionamento dos GDR.

A continuación amósase unha breve descrición dos pasos a seguir para realizar a solicitude de axuda:

  • Acceso ao sistema
  • Alta da nova solicitude
  • Presentación do borrador en Sede Electrónica

Premendo na seguinte imaxe pode descargar un manual de uso da aplicación para a presentación de solicitudes:

 

banner_uso_xalea.jpg