Premios Agader

 

Convocatoria

Descarga a convocatoria facendo clic aquí.

 

Destinatarios

Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.

 

Documentación a presentar

· Solicitude (anexo II)
· Descrición da iniciativa, cun máximo de 2.000 caracteres (anexo III)
· Documento acreditativo da constitución da entidade
· Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade solicitante
· Autorización da representación, no caso de persoas físicas que actúen a través de representante (anexo IV)
· Calquera outra documentación que o promotor da iniciativa considere interesante para fortalecer a candidatura que se presenta (cartas de apoio, publicacións, fotografías, etc.)

 

Prazo

O prazo para presentar as candidaturas rematará o 13 de marzo de 2019.

 

Premios

Os premios constarán dun diploma e dunha dotación en metálico de 10.000€.

 

Categorías

Cada iniciativa só se poderá presentar a unha das seguintes categorías:

· Mocidade
· Proxectos culturais e de recuperación patrimonial
· Proxectos de interese social
· Turismo
· Sector agro-gandeiro
· Mulleres
· Innovación tecnolóxica
· Loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras

 

Forma de presentación

Vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal 

As persoas físicas tamén poderán presentar a candidatura de xeito presencial dirixida a Agader (A Barcia 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela)

 

Máis información

Na web da Agader.

Na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia.

No teléfono 981 545 858 de Agader.

De xeito presencial en Agader, A Barcia 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 545 858.

 

Documentación