Edicións anteriores dos Premios Agader

8ª Edición 9ª Edición 10ª Edición 11ª Edición 12ª Edición 13ª Edición

 

 

 

 

 

Convocatoria

Descarga a convocatoria facendo clic aquí.

 

Destinatarios

Poderán presentar candidaturas aos Premios Agader ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas.

Non se poderán presentar aquelas iniciativas que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios ou que na data de publicación da convocatoria do premio se atopen en fase de execución e deseño, nin os que se desenvolvan nos sectores da pesca e acuicultura, nos da produción, transformación e comercialización dos produtos agrícolas incluídos no anexo I do Tratado Constitutivo da CE, e noutros sectores e supostos segundo o previsto no artigo 1 do Regulamento (UE) Nº1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013.

 

Documentación a presentar

As candidaturas, formalizadas no modelo oficial que se publica como anexo II á resolución pola que se convocan os premios (ver ao final da páxina o apartado de documentación), conterá a seguinte información:

Denominación da candidatura

Datos do solicitante ou representante (no caso de entidades):

· Nome
· DNI/NIF
· Enderezo
· Teléfono
· Persoa de contacto

Breve descrición (max 2000 caractéres) que reflicta os aspectos que se consideren máis relevantes, valiosos ou atractivos de cara á súa valoración.

Poderase xuntar calquera documentación que o promotor considere interesante, tal como cartas de apoio, publicacións, fotografías, outros documentos gráficos e en xeral, calquera outra que contribúa a fortalecer a iniciativa que se presenta.

 

Prazo para presentación

O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se convocan os premios.

 

Dotación

Os premios constarán dun diploma e dunha dotación en metálico.
O primeiro premio será de 25.000 €, o segundo premio de 15.000 €, o terceiro premio de 12.000 €, o cuarto premio de 8.000 €, o quinto premio de 5.000 €, e o premio especial dirixido a proxectos realizados por mozos e/ou mozas ou que teñan a ese colectivo como principal beneficiario será de 15.000 €.

 

Forma de presentación

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional e as persoas que representen un interesado que estea obrigado a relacionarse electrónicamente coa administración.

As persoas físicas tamén poderán presentar a candidatura de xeito presencial en Agader (A Barcia 56, Laraño - 15897 Santiago de Compostela).

 

Información

Poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

· Na páxina web de Agader http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/premios-agader
· Na guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos
· No teléfono de Agader 981 545 858
· De xeito presencial en Agader, A Barcia 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 545 858.

 

Documentación