Nova convocatoria Leader

O pasado día 3 de maio, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de subvencións para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cun orzamento de 13 millóns de euros para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5% pola Xunta. 

Trátase das achegas ás que pode optar calquera persoa ou entidade a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non.

Unha nova convocatoria, no marco do período de transición establecido pola Unión Europea, que asegura o apoio das axudas ao desenvolvemento rural ata o 31 de decembro de 2022, namentres non comece o novo PDR 2021-2027.

 
Documentación de interese