Novas

26.06.2018
1º Encontro Leader Galicia 2018
1º Encontro Leader Galicia
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) organiza este xoves 28 de xuño, o “1º Encontro Leader Galicia”, no Centro Sociocultural Luis Seoane, en Arca (O Pino). O horario será de 11:00 a 18.30 horas e todas as actividades están abertas ao público en xeral.

Trátase dun encontro para tódolos axentes relacionados co Leader: membros de asembleas xerais, equipos técnicos e, sobre todo, as persoas beneficiarias dunha axuda Leader ou potenciais emprendedores. Un espazo de reunión e debate, no que se dea a oportunidade a todos os proxectos de darse a coñecer e coñecerse entre eles, creando sinerxías e formando redes.

Por outra banda, tamén se pretende contribuír ao obxectivo de visibilizar o Leader non só entre a poboación obxectivo e promotores, senón en toda Galicia, mostrando a importancia desta medida e a súa repercusión no rural.

Este encontro farase con carácter anual rotando por cada unha das sedes dos diferentes Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Este ano 2018 celebrarase na localidade onde está sita a sede do GDR Ulla Tambre Mandeo.

Máis información >>