Vostede está aquí

Novas

03.08.2022
A Xunta avaliará a posible creación dun polígono agroforestal na Mezquita para cultivo de cereal A Xunta avaliará a posible creación dun polígono agroforestal na Mezquita para cultivo de cereal
A posibilidade de desenvolver esta figura da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia foi trasladada polo rexedor aos responsables da Consellería, que se comprometeron a estudar a súa viabilidade. A iniciativa pretende poñer en valor zonas de concentración parcelaria abandonadas, tendo en conta as áreas identificadas como zonas preferentes de actuación por parte de Medio Rural
13.07.2022
A Xunta pon en valor as utilidades da Lei de Recuperación da Terra Agraria para as sociedades cooperativas
Inés Santé explicou as vantaxes da compra ou arrendamento de terreo, mediante figuras como os polígonos agroforestais e as aldeas modelo. Tamén lembrou que a Lei de recuperación inclúe medidas que favorecen a recuperación e reordenación das parcelas, como incentivos fiscais ou a posta en marcha dun Mapa de usos agroforestais e dun Catálogo de solos agropecuarios e forestais
12.07.2022
A Xunta potencia o emprendemento e a implantación de novos modelos de negocio no agro a través do papel dinamizador dos grupos de desenvolvemento rural A Xunta potencia o emprendemento e a implantación de novos modelos de negocio no agro
Inés Santé puxo en valor a iniciativa dos GDR Terras de Miranda, Seitura 22 e Montes e Vales e Orientais, na que un total de 30 proxectos e 40 emprendedores xa están a desenvolver o seu itinerario empresarial para xerar riqueza e emprego no rural. O proxecto recibiu unha axuda do programa Leader de máis de 15.000 euros, no marco dos 7,3 millóns destinados polo Goberno galego a garantir a continuidade da actividade dos grupos de desenvolvemento rural durante os anos 2021 e 2022
08.07.2022
A Xunta inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento de oito polígonos agroforestais de iniciativa pública en varios concellos galegos A Xunta inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento de oito polígonos agroforestais
O DOG publica hoxe os oito acordos da Consellería do Medio Rural que dan lugar ao comezo destes procesos de recuperación de terras nos concellos da Arnoia, Leiro, Riós, Monterrei, Paderne de Allariz, Cerdedo-Cotobade, Crecente e Curtis. O obxectivo prioritario será poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización. Estes polígonos constarán dunha superficie de entre 22 e 3.386 hectáreas, e darán uso a unha serie de cultivos que variarán segundo a súa localización

Páxinas