Vostede está aquí

Novas

20.02.2024
O DOG publica a declaración de utilidade pública do polígono agroforestal de Xesto, no concello do Saviñao, para poñer en valor 95,94 hectáreas utilidade pública do polígono agroforestal de Xesto
O Diario Oficial de Galicia publica o correspondente decreto da Consellería do Medio Rural para desenvolver este polígono agroforestal. A zona delimitada atópase na área de actuación de varias indicacións xeográficas protexidas e existe unha gran demanda de terreos para a mellora da estrutura territorial de explotacións existentes e a posta en marcha de novas iniciativas. Este tipo de figuras, enmarcadas na Lei de recuperación da terra agraria, teñen por obxecto pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, recuperando unha actividade acaída de explotación agrícola ou forestal.
14.02.2024
A Xunta entrega no concello de Narón os títulos da parcelaria de Lago-Meirás-Val, que permitiu aumentar en máis do dobre o tamaño medio dos predios A Xunta entrega no concello de Narón os títulos da parcelaria de Lago-Meirás-Val
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou esta mañá no acto de entrega dos títulos de propiedade aos veciños de Narón propietarios das fincas desta parcelaria, cunha superficie de case 1.190 hectáreas
13.02.2024
O DOG publica a declaración de utilidade pública e interese social do polígono agroforestal de Loio, no concello lucense de Paradela O DOG publica a declaración de utilidade pública e interese social do polígono agroforestal de Loio
O polígono sitúase na área de actuación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, na que hai unha gran demanda de terreos na zona para a mellora da estrutura territorial de explotacións existentes ou para a posta en marcha de novas iniciativas produtivas.
09.02.2024
A Xunta prosegue os traballos de roza para a posta en marcha do polígono agroforestal de Remuíño, que mobilizará 224 hectáreas no concello da Arnoia A Xunta prosegue os traballos de roza para a posta en marcha do polígono agroforestal de Remuíño
Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria e que onte mesmo foi declarada de utilidade pública no Consello da Xunta, permitirá concentrar 224 ha distribuídas en 6.753 parcelas de 780 propietarios. En Remuíño xa se rozaron máis de 11 quilómetros de camiños, dentro da posta en valor dos terreos, a prevención dos incendios forestais e facilitar as tarefas de revisión do parcelario. O próximo paso será iniciar os labores de levantamento topográfico e investigación da titularidade deste polígono, cuxa orientación produtiva serán os cultivos hortícolas e leñosos, a produción forestal e sistema agroforestal.

Páxinas