Novas

12.02.2021
Agader publica a baremación definitiva da segunda fase e a cualificación final do proceso de selección de persoal directivo
Resolución do 12 de febreiro de 2021 do tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (subdirector de Relación cos Grupos de Desenvolvemento Rural), convocado por resolución de 21.12.2020, publicada no DOG nº 257, do mércores 23.12.2020, coa baremación definitiva da segunda fase do proceso selectivo e a cualificación final, coas puntuacións obtidas en cada unha das fases, con indicación do aspirante seleccionado.