Novas

22.11.2022
Anuncio polo que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Anúnciase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. As bases da convocatoria están ao dispor das persoas interesadas no taboleiro de anuncios das dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e nesta ligazón. O prazo para presentar as solicitudes é de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio

 

 

BASES 

1. Requisitos

Poderá tomar parte nesta convocatoria o persoal fixo da Axencia que pertenza ao grupo profesional II ou I, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme. As persoas solicitantes deberán reunir os requisitos que se especifican no anexo para os postos de traballos ofertados.

 

2. Solicitudes

As solicitudes dirixiranse á directora xeral da Axencia, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As persoas aspirantes deberán xuntarlle un currículo á solicitude e xustificar debidamente os méritos que aleguen. A presentación de solicitudes deberá facerse de forma electrónica segundo o previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (en adiante LPACAP). Os erros de feito poderán corrixirse en calquera momento de oficio ou por petición da persoa interesada. 

 

3. Provisión

A provisión realizarase entre os/as traballadores/as que acrediten reunir as aptitudes necesarias para o desempeño do posto. 

 

4. Impugnacións

Contra esta convocatoria, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral da Axencia no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na LPACAP, ou demanda ante o Xulgado do Social competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, de acordo co disposto nos artigos 10 e 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE nº245, do 11/10/2011).

 

Código e denominación do posto de traballo:

 

Código do posto: AGDR 01 02 00

Denominación do posto: Xefe/a da Área Xurídica