Vostede está aquí

Novas

03.04.2024
A Xunta colabora co concello de Ordes na rehabilitación integral do local social de Bailía rehabilitación integral do local social de Bailía
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou as instalacións situadas na parroquia de Leira, que veñen de rematar as súas obras. Dentro das actuacións realizadas instalouse unha nova rede eléctrica e un sistema de calefacción, ademais de traballos de albanelaría e acondicionamento do terreo.
02.04.2024
A Xunta e o Concello de Oímbra asinan un convenio para mellorar o local social de San Cibrao, co fin de poñer en valor un espazo dinamizador para a veciñanza convenio para mellorar o local social de San Cibrao
A través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural levarase a cabo este proxecto, cun investimento de arredor de 48.000 euros, que permitirá levar a cabo unha actuación para a renovación de cubrición de tellado e a restauración de muros. O obxectivo é a promoción e posta en valor dun espazo marcado polo seu significado social e cultural na contorna, polo que esta iniciativa favorecerá a mellora da calidade de vida da poboación que reside nesta parroquia e contribuirá á fixación de poboación.
27.03.2024
A Xunta inicia os traballos da parcelaria de Cristimil, en Lalín, que suporán a reestruturación de 456 hectáreas de 234 veciños A Xunta inicia os traballos da parcelaria de Cristimil
Despois da fase de decreto, van comezar agora os primeiros labores de levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, cun investimento de 162.000 euros. Neste concello, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 ha cun investimento que nestes procesos superou xa os 19 M€. Dende 2020, a Xunta rematou en Galicia un total de 32 parcelarias e decretou outras 29.
22.03.2024
A Xunta pon en valor as axudas de 840.000 euros destinadas ás estratexias de desenvolvemento rural para seguir dinamizando o territorio axudas de 840.000 euros destinadas ás estratexias de desenvolvemento rural
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe no acto de presentación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa 2023-2027 e da nova marca corporativa do Grupo de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta, que tivo lugar en Salceda de Caselas.

Páxinas