Vostede está aquí

Novas

22.06.2021
A Xunta amplía en Bueu un centro psicopedagóxico que se beneficiou dunha axuda Leader de máis de 16.500 euros A Xunta amplía en Bueu un centro psicopedagóxico que se beneficiou dunha axuda Leader de máis de 16.500 euros
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou esta tarde o centro. O investimento material consistiu no acondicionamento e equipamento do local, ademais do deseño dunha páxina web. A ampliación solicitouse co fin de facilitar a prestación de máis servizos engadidos e así poder ofertar un servizo integral que permita complementar as actividades de reforzo e de terapias. Inés Santé tamén se reuniu con distintas asociacións forestais da comarca do Morrazo para explicarlles o previsto na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia neste ámbito
22.06.2021
A Xunta anima aos Grupos de Desenvolvemento Rural a adherirse á Rede de Dinamización Lingüística polo seu papel dinamizador do territorio A Xunta anima aos Grupos de Desenvolvemento Rural a adherirse á Rede de Dinamización Lingüística polo seu papel dinamizador do territorio
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, mantivo un encontro telemático con representantes dos GDR. Inés Santé aludiu ao afán do Goberno galego por promocionar a nosa lingua, fomentar a cultura nas súas diferentes modalidades, apoiar aos creadores da comunidade e facer por que o seu traballo poida chegar á maior parte da poboación do rural. Coa súa incorporación á Rede de Dinamización Lingüística -recalcou-, poríase a disposición dos 24 GDR galegos a posibilidade de organizar unha ampla variedade de eventos e actuacións para dinamizar o uso da lingua galega
22.06.2021
Publicación no DOG da resolución do 3 de xuño de 2021 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo)
Resolución do 3 de xuño de 2021 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo), a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas
21.06.2021
A Xunta presenta o manual para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria A Xunta presenta o manual para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, foi a encargada de presidir esta mañá a presentación do manual nun acto celebrado en Outeiro de Rei. O manual ten como fin establecer os criterios necesarios para lograr unha redución no número de parcelas ao mesmo tempo que se garante a protección e posta en valor paisaxística e ambiental

Páxinas