Vostede está aquí
Novas
20.09.2018
Feijóo renova o compromiso cun rural con máis innovación, máis benestar e máis oportunidades e que siga apostando pola remuda xeracional
Feijóo renova o compromiso cun rural con máis innovación, máis benestar e máis oportunidades e que siga apostando pola remuda xeracional

Apela a unha dobre implicación para seguir modernizando o rural: un cambio de mentalidade social e un compromiso dos poderes públicos. Destaca proxectos como o Plan específico para fixar poboación no agro, dotado con 230 millóns; a iniciativa impostos cero no rural; e o apoio a novas actividades non agrarias ou a proxectos de transformación industrial. Recorda que o Plan de desenvolvemento rural pon de manifesto que cada vez máis mozos teñen interese por incorporarse ao medio rural: máis de 1100 mozos incorporáronse ao agro nos anos 2016 e 2017.
Salienta que os galardoados cos premios Agader mostran que é posible modernizar o medio rural con proxectos innovadores, xerando emprego e riqueza.
17.09.2018
Ángeles Vázquez destaca o papel do Leader e dos grupos de desenvolvemento rural na dinamización socioeconómica do agro
Ángeles Vázquez destaca o papel do Leader e dos grupos de desenvolvemento rural na dinamización socioeconómica do agro

A conselleira visitou hoxe tres iniciativas de carácter non produtivo xestionadas polo GDR Seitura nos concellos coruñeses de Cariño, San Sadurniño e Mugardos. Trátase da mellora da accesibilidade da Casa da Cultura de Cariño, a posta en valor dun espazo verde en San Sadurniño e a creación dun comedor escolar en Mugardos. Este grupo financiou no período 2017-2018 un total de 17 proxectos, cun investimento de 1,8 millóns de euros e axudas por un valor que superou os 876.000 euros.
17.09.2018
Publicación dos resultados da novena edición dos Premios Agader
Publicación dos resultados da novena edición dos Premios Agader
Resolución do 6 de setembro de 2018 pola que se publica o resultado da novena edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural.
17.09.2018
Acordos de cesión en propiedade de dez de inmobles situados nos concellos de Trazo, Mesía, Coirós, Boqueixón, Boimorto e Baleira
Acordos de cesión en propiedade de dez de inmobles situados nos concellos de Trazo, Mesía, Coirós, Boqueixón, Boimorto e Baleira
Resolucións do 29 de agosto de 2018 polas que se fan públicos os acordos de cesión en propiedade, mediante adxudicación directa e a título gratuíto, de dez de inmobles situados nos concellos de Trazo, Mesía, Coirós, Boqueixón, Boimorto e Baleira