Vostede está aquí

Novas

28.06.2018
Ángeles Vázquez: "O Plan Leader foi pioneiro en apoiar o emprendemento dos axentes particulares no mundo rural" Primeiro encontro Leader Galicia
Segundo a conselleira do Medio Rural, este programa europeo foi dos primeiros en comprender a importancia de que fose a propia xente a que decidise onde investir. A titular foi a responsable de inaugurar o primeiro encontro Leader Galicia, que se celebrou hoxe no concello do Pino.
26.06.2018
1º Encontro Leader Galicia 2018 1º Encontro Leader Galicia
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) organiza este xoves 28 de xuño, o “1º Encontro Leader Galicia”, no Centro Sociocultural Luis Seoane, en Arca (O Pino). O horario será de 11:00 a 18.30 horas e todas as actividades están abertas ao público en xeral.
21.06.2018
Agader publica a baremación definitiva da segunda fase e a cualificación final do proceso de selección de persoal directivo (subdirector/a de Planificación e Dinamización do Medio Rural)
Resolución do 21 de xuño de 2018 do tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (subdirector/a de Planificación e Dinamización do Medio Rural), convocado pola Resolución de 5 de marzo de 2018, publicada no DOG, núm. 54, do venres 16 de marzo de 2018, coa baremación definitiva da segunda fase do proceso selectivo e a cualificación final, coas puntuacións obtidas en cada unha das fases, con indicación do aspirante seleccionado.
21.06.2018
Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia (2017) Observatorio Galego de Mobilidade de Terras
Descarga o informe do Observatorio Galego de Mobilidade de Terras correspondente ao ano 2017.

Páxinas