Vostede está aquí
Novas
19.12.2017
A Consellería do Medio Rural executou xa o 93,24% do programa Leader na convocatoria do 2017
A Consellería do Medio Rural executou xa o 93,24% do programa Leader na convocatoria do 2017

Ángeles Vázquez presidiu esta tarde en San Caetano a reunión do Consello Asesor e de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
O orzamento da Agader crece un 20,34%, ao pasar dos 36 millóns de euros en 2017 a máis de 43,5 millóns de euros en 2018
19.12.2017
Reunión ao abeiro do Convenio de colaboración para a Observación da Mobilidade e o Mercado da Terra de Galicia
Reunión ao abeiro do Convenio de colaboración para a Observación da Mobilidade e o Mercado da Terra de Galicia

A reunión de hoxe, celebrada na sede da Agader, foi unha reunión de carácter técnico presidida polo director xeral da Agader, D. Miguel A. Pérez Dubois e na que estiveron presentes representantes do Instituto de Estudos do Territorio, Axencia Tributaria de Galicia, Fundación Juana de Vega, Universidade de Santiago de Compostela, Instituto Galego de Estatística e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ao abeiro do Convenio de Colaboración para a Observación de Mobilidade e o Mercado da Terra de Galicia.
01.12.2017
Medio Rural avanza coa Fegamp os traballos para o reparto do futuro Plan marco de mellora de camiños municipais
Medio Rural avanza coa Fegamp os traballos para o reparto do futuro Plan marco de mellora de camiños municipais

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuniuse cos responsables da Federación Galega de Municipios e Provincias para impulsar este programa, dotado cuns 16 millóns de euros para o período 2018-2019.
01.12.2017
Modificación das bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4)
Modificación das bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4)
Resolución do 23 de novembro de 2017 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 23 de novembro de 2017 polo que se modifica o Acordo do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.