Vostede está aquí

Novas

14.11.2023
A Xunta e o Goberno asturiano analizan as posibilidades do programa Leader 2023-27 A Xunta e o Goberno asturiano analizan as posibilidades do programa Leader 2023-27
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, participou na apertura do segundo día da Xornada de Intercambio Leader Norte que se está a desenvolver hoxe na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da Universidade de Santiago, na que abordaron a situación do programa, os convenios de colaboración previstos para o período 2023-2027 e os modelos de participación dos grupos de desenvolvemento rural nas axudas para eses anos.
13.11.2023
A Xunta e o Goberno asturiano organizan unhas xornadas para compartir experiencias no ámbito do desenvolvemento rural A Xunta e o Goberno asturiano organizan unhas xornadas
A directora xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe na primeira xornada en Folgoso do Courel deste encontro, que conta co apoio da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e de Red Asturiana de Desarrollo Rural. Pola mañá, os participantes visitaron a aldea modelo de Moreda, exemplo das ferramentas dispoñibles na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Os asistentes, entre os que se atopaban directora xeral de Agricultura, Agroindustria y Desarrollo Rural e o director xeral de Reto Demográfico do Principado de Asturias, analizaron os avances na materia dentro do novo programa LEADER 2023-2027, a través do que a Xunta disporá de preto de 58 millóns de euros para axudas.
10.11.2023
A Xunta e o Concello de Trazo traballan conxuntamente para a posta en valor de terras en estado de abandono A Xunta e o Concello de Trazo traballan conxuntamente para a posta en valor de terras en estado de abandono
José González, acompañado por Inés Santé, e Josefina Suárez analizaron as diferentes ferramentas da Lei de recuperación de terra agraria de Galicia e, en vindeiras datas, o titular do Medio Rural manterá un encontro con veciños para presentarlle as súas vantaxes. O orzamentos do 2024 contemplan un investimento de 7,4 millóns de euros para seguir potenciando o desenvolvemento de polígonos agroforestais e aldeas modelo.
08.11.2023
A Xunta e o Concello de Ponteceso avanzan na recuperación de terras e mellora de infraestrururas neste municipio coruñés A Xunta e o Concello de Ponteceso avanzan na recuperación de terras e mellora de infraestrururas
O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantiveron unha reunión de traballo co alcalde desta localidade.

Páxinas