Vostede está aquí

Novas

04.03.2024
O DOG publica hoxe a declaración de utilidade pública e interese social do polígono agroforestal de Remuíño, no concello ourensán da Arnoia Polígono agroforestal de Remuíño
Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, porá en valor 224 hectáreas, distribuídas en 6.753 parcelas de 780 propietarios. Ten por obxecto prioritario pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, en progresivo estado de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha acaída actividade de explotación agrícola ou forestal. Na actualidade, tendo en conta o de Salvaterra de Miño, estanse a desenvolver un total de 30 polígonos agroforestais de iniciativa pública en toda Galicia, que se atopan en distintas fases de execución. Isto supón un total de 9.323 hectáreas mobilizadas.
28.02.2024
A Xunta avanza na posta en marcha da concentración parcelaria de San Xoán de Deoane da Pregación, no concello de Friol, que reorganizará 383 hectáreas concentración parcelaria de San Xoán de Deoane
O investimento deste proceso supera os 88.000 euros, co cal se elaborou o estudo de impacto ambiental, planos, preparación de bases e o Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria (Popeva), así como a redacción do proxecto de camiños. Na xuntanza de hoxe presentouse a enquisa de bases, na que se lles entregará aos propietarios o boletín individual da propiedade e poderán formular as alegacións que estimen oportunas durante o prazo dun mes. Dende o ano 2020, o Goberno autonómico rematou un total de 32 concentracións parcelarias, que abarcan unha superficie total de máis de 21.700 hectáreas, beneficiando algo máis de 17.300 propietarios, e decretou outras 29. Estas figuras de reorganización do territorio contribúen a paliar o minifundismo existente na nosa comunidade dende o punto de vista da estrutura da propiedade.
23.02.2024
A Xunta analizará as posibilidades de colaboración coa asociación Olivarnoia para potenciar a modernización da súa almazara, no concello da Arnoia colaboración coa asociación Olivarnoia para potenciar a modernización da súa almazara
Esta cooperación permitiría facilitar a reforma e ampliación das instalacións para fomentar o uso destas instalacións por parte da veciñanza. José González puxo de relevo o traballo desenvolvido no marco desta iniciativa e a súa contribución á posta en valor do territorio e ao fomento e recuperación de terras en estado de abandono.
21.02.2024
A Xunta destina 3 millóns de euros para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo
O obxectivo destas axudas é reforzar os servizos públicos e dotacións básicas proporcionados á poboación rural das aldeas modelo, favorecendo a implantación de actividades que xeren emprego e fixen poboación. As actuacións subvencionables a través desta liña de achegas son, entre outras, a rehabilitación de espazos públicos ou edificios destinados a servizos públicos, a mellora de vías públicas, redes de servizos ou e-servizos. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a partir de mañá, día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Páxinas