Vostede está aquí

Novas

03.10.2021
A Xunta anima os veciños de Monterrei a involucrarse no proxecto de creación dun polígono agroforestal orientado a viñedo de máis de 22 hectáreas A Xunta anima os veciños de Monterrei a involucrarse no proxecto de creación dun polígono agroforestal orientado a viñedo de máis de 22 hectáreas
O conselleiro do Medio Rural explicoulles a importancia de aproveitar os instrumentos que neste sentido ofrece a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. José González indicou que o polígono estaría orientado preferentemente cara a produción de viñedo, facilitando superficie para a denominación de orixe Monterrei.
02.10.2021
A Xunta avanza cos veciños da Arnoia nos traballos de creación dun polígono agroforestal de 224 hectáreas neste municipio A Xunta avanza cos veciños da Arnoia nos traballos de creación dun polígono agroforestal de 224 hectáreas neste municipio
O conselleiro do Medio Rural reuniuse con este colectivo para explicarlle a importancia de aproveitar os instrumentos que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. A xuntanza serviu para avaliar, entre outras cuestións, os posibles usos futuros deste polígono. José González explicou que esta ferramenta se centra na volta á produción de grandes áreas de terra potenciando os tres usos do chan -agrario, gandeiro ou forestal- segundo o tipo de cultivo máis acaído ou con maior tradición en cada zona. O conselleiro destacou que neste caso a iniciativa correspondeu aos veciños e puxo en valor o gran tamaño do polígono e, polo tanto, a multifuncionalidade e diversidade que presenta á hora de desenvolver os diferentes usos
01.10.2021
A Xunta destaca que o Leader permitiu consolidar case 2.300 empregos e crear outros 790 postos de traballo en Galicia no período 2014-2020 A Xunta destaca que o Leader permitiu consolidar case 2.300 empregos e crear outros 790 postos de traballo en Galicia no período 2014-2020
O representante galego puxo en valor que esta medida consagrouse, despois de tres décadas, como unha ferramenta indispensable para dinamizar o tecido socioeconómico das áreas rurais, tamén en Galicia. Recalcou que nos vindeiros meses haberá unha nova convocatoria para preparar as estratexias do seguinte período (2023-2027) e para isto a Xunta triplicará o orzamento do actual período, chegando a un gasto público total de 900.000 euros
01.10.2021
A Xunta porá en marcha este ano o Plan extraordinario de reparación de camiños da comarca da Limia cun importe inicial de 600.000 euros A Xunta porá en marcha este ano o Plan extraordinario de reparación de camiños da comarca da Limia cun importe inicial de 600.000 euros
O conselleiro do Medio Rural mantivo esta mañá un encontro cos alcaldes desta bisbarra ourensá. Na execución destas actuacións colaborará tamén a Deputación de Ourense coa cesión de maquinaria pesada. Este plan extraordinario completa o conseguido ata o de agora grazas á colaboración institucional liderada pola Xunta para esta comarca, onde se van investir un total de 32,5 millóns de euros na potenciación do sector agrario. O Goberno galego xa encargou o inicio dos traballos de preparación dos 42 novos pozos comprometidos coas catro comunidades de regantes beneficiadas, que supoñen un investimento de catro millóns de euros

Páxinas