Vostede está aquí

Novas

10.12.2021
A Xunta destinará en 2022 uns 5,33 M€ para poñer en valor terra agraria a través das ferramentas da Lei de recuperación
José González trasladou que instrumentos como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais e as agrupacións de xestión conxunta permitirán avanzar na recuperación demográfica, na mellora da calidade de vida e na anticipación aos lumes. Lembrou que xa hai 14 aldeas modelo aprobadas -catro delas na provincia de Lugo- e que son medio cento as que se atopan en diferentes fases de tramitación. Indicou que se identificaron ata 707 masas de concentración parcelaria, en áreas que se atopan en estado de infrautilización, que suman unhas 24.000 hectáreas nas que se poderían levar a cabo polígonos agroforestais de iniciativa pública
04.12.2021
A Xunta e o Concello de Lobios proxectan a implantación das aldeas modelo de Puxedo e Requeixo no marco da Lei de recuperación da terra agraria A Xunta e o Concello de Lobios proxectan a implantación das aldeas modelo de Puxedo e Requeixo no marco da Lei de recuperación da terra agraria
O conselleiro do Medio Rural mantivo unha xuntanza coa rexedora desta localidade ourensá. Segundo as solicitudes do consistorio, estas iniciativas permitirían dinamizar os núcleos de poboación de San Paio e Grou respectivamente, xerando actividade económica que serviría de devasa natural fronte aos lumes forestais. Así mesmo, na xuntanza avanzouse que se arranxará a capa de rodadura de varios camiños municipais da localidade para facilitar o acceso dos medios de prevención e defensa contra os incendios
01.12.2021
A Xunta e o concello de Larouco impulsan a creación dun polígono agroforestal de 136 ha en Freixido para o cultivo de vides, cerdeiras e castiñeiros A Xunta e o concello de Larouco impulsan a creación dun polígono agroforestal de 136 ha en Freixido para o cultivo de vides, cerdeiras e castiñeiros
Tal e como está concibida a figura, implicaría un total de 1.227 parcelas de 517 propietarios. José González destacou que a actividade agroforestal proxectada ao abeiro deste polígono non só permitirá xerar actividade económica e fixar poboación neste concello ourensán, senón tamén anticiparse aos incendios
30.11.2021
A Xunta actúa de xeito transversal e integral na posta en valor da terra agraria e na fixación de poboación no rural para afrontar o reto demográfico A Xunta actúa de xeito transversal e integral na posta en valor da terra agraria e na fixación de poboación no rural para afrontar o reto demográfico
A conselleira de Política Social e o conselleiro do Medio Rural visitaron a aldea modelo de Infesta, dúas casas niño e unha casa do maior no municipio de Monterrei. Ambos conselleiros lamentaron a ausencia do secretario general para el Reto Demográfico a un acto que estaba deseñado para mostrarlle os pasos dados polo Goberno galego co gallo de fixar poboación no rural e para apelar á colaboración interadministrativa. Fabiola García sinalou que mentres a Xunta pon en marcha todas estas medidas, o Goberno central non aporta “nin un só euro” a facer fronte ao reto demográfico. José González solicitou ao Estado altura de miras ante o Proxecto de recuperación integral e sostible do rural galego, presentado pola Xunta aos fondos Next Generation co que se trata de poñer en valor ata 18.000 hectáreas de terra abandonada en Galicia e 200 aldeas modelo a través dos instrumentos da Lei de recuperación

Páxinas