Vostede está aquí

Novas

23.08.2022
A Xunta declara tres novas aldeas modelo en Vilariño de Conso, Avión e Ames no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia Imaxe da nova
A aldea de Soutogrande, en Vilariño de Conso, ten unha superficie de 33,50 hectáreas; a de Cortegazas, en Avión, abrangue 15,11 ha; e a de Ferreiros, en Ames, conta con 8,55 hectáreas. Coas tres novas declaracións, acádase un total de 21 aldeas modelo aprobadas no conxunto da comunidade para poñer en valor preto de 600 hectáreas arredor dos núcleos de poboación que se busca poñer en valor.
20.08.2022
A Xunta e o Concello de Larouco avanzan na posta en marcha dunha aldea modelo e dun polígono agroforestal no marco da Lei de recuperación da terra
A aldea modelo -en fase de recollida de sinaturas- permitirá a posta en valor de 34,17 hectáreas arredor do núcleo de Santa Mariña de Seadur, co obxecto de fixar poboación e de xerar riqueza ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais. Mentres, o polígono de Freixido -na fase de actuacións previas- suporá a recuperación de 136 ha, orientadas preferentemente a árbores froiteiras e viñedo.
19.08.2022
A Xunta abre o prazo para recibir propostas de aproveitamento das parcelas incluídas nas aldeas modelo de Trelle-Toén, Pedrosa-Riós e Bustelo de Fisteus-Quiroga
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de ditas propostas de aproveitamento. Os interesados en poñer a producir as terras que compoñen estas aldeas modelo poden remitir as súas solicitudes no prazo de 15 días naturais a contar desde mañá.
13.08.2022
A Xunta traballa no desenvolvemento de nove polígonos agroforestais na provincia de Ourense
Destes polígonos, sete están xa iniciados e dous -este de Castrelo de Miño e un en Larouco- atópanse en fase de actuacións previas. Estas iniciativas impúlsanse en aplicación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e suporán a mobilización de máis de 600 hectáreas na provincia. O polígono de Castrelo de Miño, de iniciativa pública, contará con case 52 hectáreas de superficie que corresponden a 113 propietarios. Ademais destes polígonos, esta norma contempla tamén figuras tales coma as aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta.

Páxinas