Vostede está aquí

Novas

07.06.2022
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural inicia a exposición pública do parcelario do proxecto básico dos Polígonos agroforestais de Cualedro e de Oímbra A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural inicia a exposición pública do parcelario do proxecto básico dos Polígonos agroforestais de Cualedro e de Oímbra
O proxecto básico é un documento técnico que elabora a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha vez que se produciu a declaración de utilidade pública do polígono agroforestal. A revisión do parcelario é a primeira das actuacións do proxecto básico e consiste na comprobación sobre o terreo da precisión do parcelario existente mediante revisión das estremas das parcelas. Unha vez elaborado o plano parcelario, someterase a exposición pública durante 20 días hábiles na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e no taboleiro de anuncios do concello no que se localice o polígono agroforestal
06.06.2022
A Xunta formará á totalidade dos técnicos e responsables das diferentes Oficinas Agrarias Comarcais sobre a Lei de recuperación da Terra Agraria de Galicia
O subdirector de mobilidade de terras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural impartirá esta formación ao longo dos meses de xuño e xullo nas catro capitais de provincia. Cabe destacar o compromiso prioritario da Xunta coa permanente modernización e mellora das oficinas agrarias comarcais, poñendo en valor a súa condición de entidades colaboradoras para a aplicación efectiva desta lei no territorio galego
02.06.2022
A Xunta convoca preto de 1 M€ en axudas aos Grupos de Desenvolvemento Rural para deseñar novas estratexias participativas no marco do programa Leader A Xunta convoca preto de 1 M€ en axudas aos grupos de desenvolvemento rural
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que contempla as bases reguladoras destas achegas, cun orzamento de 840.000 euros que supón case triplicar o presuposto da anterior convocatoria de 2016. Está orientada a que os grupos poidan levar a cabo un completo proceso de participación pública que integre a toda a poboación e axentes locais, para dispoñer o antes posible dunha estratexia adaptada á nova realidade social e normativa do rural
01.06.2022
A Xunta investirá preto de 1 M€ para axudar aos Grupos de Desenvolvemento Rural a deseñar novas estratexias participativas de dinamización no marco do programa Leader A Xunta investirá preto de 1 M€ para axudar aos Grupos de Desenvolvemento Rural
Inés Santé, que estivo acompañada polo director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, avanzou que o Diario Oficial de Galicia publicará mañá esta orde de achegas, cun orzamento de 840.000 euros que supón case triplicar o presuposto da anterior convocatoria de 2016. Está orientada a que os grupos poidan levar a cabo un completo proceso de participación pública que integre a toda a poboación e axentes locais, para dispoñer o antes posible dunha estratexia adaptada á nova realidade social e normativa do rural. Sobre o centro de día de Soutomaior, situado na parroquia de Sobral para dar servizo a persoas maiores con necesidade de coidados, a achega xestionada pola Xunta permitiu cubrir preto da metade do seu investimento

Páxinas