Vostede está aquí

Novas

30.12.2019
Convocatoria de subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da medida Leader (submedida 19.2), para as anualidades 2020 e 2021
Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
27.12.2019
Agader aproba as bases reguladoras das axudas ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), no marco do PDR Galicia 2014-2020
Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se publica o Acordo do 13 de decembro de 2019 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) (código de procedemento MR701D).
12.12.2019
A Xunta acorda coa Fegamp os criterios de reparto do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrarias A Xunta acorda coa Fegamp os criterios de reparto do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrarias
O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, así como con membros da executiva desta entidade e técnicos de Agader. Nela acordáronse os novos criterios da convocatoria para 2020 do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrarias.
20.11.2019
A Xunta investirá case 30.000 euros na dinamización turística do territorio que abrangue o xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel A Xunta investirá case 30.000 euros na dinamización turística do territorio que abrangue o xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel
Farase a través dun plan ao abeiro do convenio de colaboración entre as consellerías do Medio Rural e de Cultura e Turismo. O Plan pretende consolidar o xeoparque Montañas do Courel como elemento vertebrador, visibilizador e potenciador de iniciativas turísticas e de desenvolvemento local. Pérez Dubois destacou que esta medida permitirá promocionar e conservar o patrimonio cultural do rural, o que redundará no desenvolvemento económico da zona e favorecerá a fixación de poboación. Nava Castro puxo de manifesto o impulso que dará unha ferramenta como esta para dinamizar o interior de Lugo, a provincia galega que máis está a medrar turísticamente no que vai de ano

Páxinas