Vostede está aquí

Novas

13.05.2022
Arranca a posta en produción con vacún en extensivo da aldea modelo de Meixide impulsada pola Xunta co concello da Veiga no marco da Lei de recuperación da terra agraria Aldea Modelo Meixide
Esta figura de posta en valor abrangue unha superficie de 71,25 hectáreas na contorna do núcleo de poboación que se persegue dinamizar, distribuídas en 646 parcelas de 151 propietarios Actualmente hai 19 aldeas modelo aprobadas en Galicia co obxecto de xerar actividade económica no rural que contribúa a fixar poboación e a anticiparse aos incendios forestais
10.05.2022
A Xunta pon de relevo as posibilidades que ofrecen os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria para a xestión do monte e a anticipación aos incendios forestais A Xunta pon de relevo as posibilidades que ofrecen os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria
Inés Santé referiuse ás vantaxes que presentan as aldeas modelo e os polígonos agroforestais -que poden combinar todos os usos agrarios para unha maior rendibilidade-, así como ás agrupación forestais de xestión conxunta. Así mesmo, puxo en valor o proxecto “Son de monte”, que recibiu unha axuda de 72.000 euros do programa Leader co obxecto de que un total de seis grupos de desenvolvemento rural colaboren para a valorización da cultura vinculada ao monte
05.05.2022
A Xunta pon de relevo a vintena de aldeas modelo aprobadas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria no 1º encontro de aldeas do século XXI que se celebra en Asturias A Xunta pon de relevo a vintena de aldeas modelo aprobadas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria no 1º encontro de aldeas do século XXI que se celebra en Asturias
Alejandro Sánchez de Dios destacou as posibilidades de dinamización social e económica que ofrece esta figura que xa está servindo para poñer en valor 19 núcleos de poboación galegos, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais. No encontro, participan representantes do Goberno central e das comunidades asturiana, cántabra e galega, así como do executivo do veciño Portugal, para analizar o papel que xogan as aldeas na xestión do territorio ou da produción local
04.05.2022
Arranca o I Congreso Internacional de Innovación “Spin Rural” organizado pola Xunta Arranca o I Congreso Internacional de Innovación “Spin Rural”
A benvida aos participantes neste evento, que se desenvolve no pazo de Xerlís, na Estrada, correu a cargo da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O programa de actos inclúe charlas, mesas redondas, encontros de negocio e conversas entre expertos na materia, xunto con degustacións comentadas de produtos galegos de calidade diferenciada

Páxinas