Vostede está aquí

Novas

23.02.2022
A Xunta iniciará ao longo do primeiro semestre do ano os traballos na nova parcelaria de San Xoán de Seoane de Pregación, no concello de Friol A Xunta iniciará ao longo do primeiro semestre do ano os traballos na nova parcelaria de San Xoán de Seoane de Pregación, no concello de Friol
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantivo unha xuntanza co alcalde deste municipio lugués e coa xerente do GDR Comarca de Lugo. Esta parcelaria, decretada o pasado ano, busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción. A directora xeral e o rexedor analizaron a viabilidade dun proxecto de permutas no concello e a posibilidade de crear un polígono agroforestal
19.02.2022
A Xunta anima aos veciños de Bande a implementar a aldea modelo do Pazo para poñer en valor máis de 59 hectáreas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria A Xunta anima aos veciños de Bande a implementar a aldea modelo do Pazo para poñer en valor máis de 59 hectáreas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria
O subdirector de Mobilidade de Terras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantivo un encontro con veciños deste municipio ourensán. Segundo a solicitude do Concello, a aldea implicaría unhas 800 parcelas de arredor de 140 propietarios. A xuntanza buscaba informar aos titulares das posibilidades de dinamización social e económica que ofrece este instrumento voluntario de mobilización, antes de recoller as sinaturas requiridas para a súa posta en marcha
18.02.2022
A Xunta e o Concello de Muras colaboran para a posta en valor da terra en estado de abandono ou infrautilización no marco da Lei de recuperación A Xunta e o Concello de Muras colaboran para a posta en valor da terra en estado de abandono ou infrautilización no marco da Lei de recuperación
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantivo un encontro co rexedor desta localidade lucense. Inés Santé explicoulle ao alcalde as posibilidades que ofrecen instrumentos como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta para xerar riqueza neste municipio. Tamén trataron as iniciativas que se poden levar a cabo a través dos grupos de desenvolvemento rural co obxecto de dinamizar o territorio
17.02.2022
Gabriel Alén salienta o investimento da xunta de 4,3 M€ na provincia de Ourense a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas Gabriel Alén salienta o investimento da xunta de 4,3 M€ na provincia de Ourense a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas
Na visita que realizou esta mañá ao concello de Montederramo, o delegado territorial sinalou que o obxectivo deste plan é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e doutras infraestruturas. O prazo para presentar as solicitudes de axuda remata o 25 de febreiro; e o prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á presente anualidade será o vindeiro 10 de setembro, mentres que o tope para o exercicio próximo será o 10 de xuño de 2023

Páxinas