Vostede está aquí

Novas

29.01.2019
Agader publica os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre de 2018
Resolución do 16 de xaneiro de 2019 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre de 2018.
28.01.2019
Subvencións a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 Axudas empresas non agrícolas
Resolución do 13 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2019.
21.11.2018
Medio Rural acorda coa Fegamp os criterios de reparto do Plan marco de mellora de camiños municipais para o ano 2019 Medio Rural acorda coa Fegamp os criterios de reparto do Plan marco de mellora de camiños municipais para o ano 2019
O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantivo esta mañá unha reunión de traballo para definir esta distribución entre os 313 concellos de Galicia. O obxecto destas axudas é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos viarios de titularidade municipal. As bases desta nova convocatoria serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e os concellos terán un mes para presentar as súas solicitudes.
15.11.2018
A Xunta traspasa unha vintena de parcelas do Banco de Terras a unha ducia de concellos A Xunta traspasa unha vintena de parcelas do Banco de Terras a unha ducia de concellos
Trátase de terreos sen vocación agraria e que, polo tanto, non teñen cabida neste órgano que busca a mobilización espazos para a agricultura e gandaría. Agacal recibirá unha leira para a plantación de carballos seleccionados, co obxectivo de contribuír ao banco de xermoplasma e ao reservorio xenético.

Páxinas