Novas

07.06.2022
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural inicia a exposición pública do parcelario do proxecto básico dos Polígonos agroforestais de Cualedro e de Oímbra
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural inicia a exposición pública do parcelario do proxecto básico dos Polígonos agroforestais de Cualedro e de Oímbra
O proxecto básico é un documento técnico que elabora a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha vez que se produciu a declaración de utilidade pública do polígono agroforestal. A revisión do parcelario é a primeira das actuacións do proxecto básico e consiste na comprobación sobre o terreo da precisión do parcelario existente mediante revisión das estremas das parcelas. Unha vez elaborado o plano parcelario, someterase a exposición pública durante 20 días hábiles na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e no taboleiro de anuncios do concello no que se localice o polígono agroforestal