Novas

04.03.2020
O director xeral da Agader destaca o potencial do turismo para xerar oportunidades de riqueza no rural
Inauguración do Training Course do programa ERASMUS+ Pilgrims
Miguel Pérez Dubois acudiu á inauguración do Training Course, do programa ERASMUS+ Pilgrims, no que participa o GDR Terras de Pontevedra Norte. O obxectivo do proxecto é a formación de axentes sociais e profesionais da hostalaría ao longo do Camiño de Santiago, para intentar desenvolver unha metodoloxía básica que permita dinamizar o rural a través do turismo.